Heart Conquest

martes, 18 de diciembre de 2007

Examen TEE:



Oxe temos examen de TEE, asique temos que describir a un personaxe que nos queiramos...

Eu escollin a Angelina Jolie porque aparte de ser moi guapa penso que debe ser unha excelente persoa...

Descripcion:

Muller de alta estatura. Cabeza alongada e cara moi ben formada, cabelo longo e con unha coleta moi grande, oloos grandes e chamativos coas cexas depiladas. O nariz pequeno e ben formado, boca chamativa e os beizos carnosos.

Corpo esvelto e ben formado, delgada.

Pernas longas e é bastanta alta.




miércoles, 5 de diciembre de 2007

Aula nova:

Ola de novo... Oxe houbo un cambio na nosa clase de TEE, foi que cambiamos de estar na aula antiga de informática a estar nunha nova que estiveron facendo e transladando todo o material para ela, a clase é a que foi o ano pasado a de 3ºA. Está moi limpa e curiosa, tamén ai moito mais espazo para moverse e estar sitiados na clase... En resumo:
Estou moito mais contento nesta clase que na de antes e esperemos que siga así...

miércoles, 21 de noviembre de 2007

Quérote:

Ola de novo,
Ben, onte, dia 20 de novembro do 2007, viñeron ao instituto unha sociedade a darnos unha charla de sexualidade aos cursos de 4º da E.S.O. A charla ocupou, no meu caso a segunda e terceira hora da mañán porque noutra clase ocupou as dúas ultimas...
A rapaza falou de moitos temas, como o de relacións en parella, idade para ter "sexualidade" (dende que se nace ata que se morre). Tamén nos explicou un pouco das ETS e os problemas que tería cada unha. Tamén nos falou dos métodos anticonceptivos e dos problemas que podían presentar á hora de usalos...
En xeral estivo moi interesante e sobre todo entretida....

miércoles, 24 de octubre de 2007

Presentación:

Ola, chámome Pablo Cudeiro Bravos, vivo en Lugo (Chantada) teño 16 anos e acabo de crear este blog en clase de TEE (técnicas de expresión escrita).
Aqui irei metendo todo o que se me vaia ocorrendo ou o que fagamos na clase, temen procurarei meter todo tipo de contido de temas, sobretodo que me guste, porque ai certos temas dos que prefiro non falar...