Heart Conquest

martes, 25 de marzo de 2008

Segunda Avaliación:

Esta avaliación foi a mais curta deste curso porque a semana santa caeu moi pronto e acortouse moito este período. Isto afectou negativamente a os estudos porque ao ter tan pouco tempo pois os exames certaron todos xuntos e non habia moito tempo para estudar tantas mateias, a causa diso algúns profesores/as non nos fixeron examen e buscamos entre todos alumnos da clase outras propostas para evitar o exame e expoñerllas ao profesor... Nesta clase de TEE fixemos a elaboración dun cómic que xa está exposto abaixo, e con isto mais outras puntuacións da profesora foron a nota que levamos na avaliación.
Polo xeral non tiven moita queixa das notas que tiven porque foi o que fixen durante a 2ª avaliación...
Meus pais non se enfadaron moito polas notas e anímanme a ver se para a 3ª avaliación aprobo esas que me quedaron... Eu creo que meus pais xa se estan a afacer a que deixe unhas cantas, e por iso non me dicen nada pero bueno...
En Semana Santa pasino ben e disfrutei das vacacións e agora non hai ganas de volver a clase....

miércoles, 12 de marzo de 2008

A espada escálibor:

Escalibor É a espada do rei Arturo. Foi entregada ás augas por Giflete, por mandato do mesmo Arturo que estaba mortalmente ferido polo seu fillo Mordret. Unha man xorde das augas, empuña a espada antes de levarlla consigo ao fondo do lago. Para algúns é a espada que sacou da pedra, pero, para outros é a espada que lle dió unha man xurdida dun lago por mediación de Merlín coa condición de que lla devolvese cando lle chegase a hora de morrer. Orixinariamente acompáñase dun tahalí máxico que preserva a quen o posúe de sufrir ferida algunha. A fama da espada viuse excedida pola súa suposta historicidade, posto que os reis de Inglaterra dicían que a tiñan, facendo ostentación dela como herdanza do propio Arturo.