Heart Conquest

jueves, 29 de mayo de 2008

A casa misteriosa:

Unha familia honrada cuxo pai traballaba de obreiro, tocoulle un premio na sua empresa que o que xefe lle había concedido. O premio seria que tiña pasar unha noite nunha casa misteriosa nun lugar onde ninguen estaba ás periferia nin habia contacto con outra xente de ningunha maneira...O premio de pasar esa noite ali na casa seria que o xefe os cubriria de ouro por pasar esa noite ali, o pai de familia xa sabia que habia ruxerruxes de que a casa estaba maldita e que tiña pantasmas e cousas polo estilo. O pai era un home de 1.80 aproximadamente tiña carácter agresivo rormalmente pero o malo e que e moi parvo, e calvo e non ten barba, nariz pequeno e boca bastante cumprido. O caso foi que o home chegou a sua casa e comentoulle o asunto á súa muller, ela como e normal non sabía nada dos ruxerruxes que había sobre a casa e deseguida accedeu a ir ali tal que xa se puxo a preparar as maletas.. A nai media 1.75 aproximadamente e tiña o pelo longo, a sua voz era rouca, e o seu carácter variable.. O pai no intre que a nai preparaba as maletas foi falar cos seus fillos. Tiñan un fillo de 10 anos e era moi traveso e por suposto gustaballe facer trastadas e ialle moito o risco por iso non tubo inconveniente algún, pero o malo era a filla de 8 anos que era moi estudosa e era unha "sabelotodo" e xa comezou a desconfiar e non lle gustou nada a idea de ir ali.O que menos lle custou ao pai foi convencer a sua filla de 3 anos que non sabia falar asique foron todos para a casa e comezaron a acomodarse...Os ruxerruxes da casa eran certos porque cando chegou a hora da noite as paredes vovianse con sombras e aparecian pantasmas que non aceptaban a sua aparencia na casa. Ao dia seguinte o xefe foi a casa e entrou polo porta e non habia nada polo que a casa xa acabara coa familia pero ninguen soubo nada...

martes, 27 de mayo de 2008

Semana da poesia:

Ola, esta vez vou facer unha entrada da semana da poesia que e unha actividade que facemos todos os anos no meu instituto (I.E.S Lama das Quendas) e dedicamola a poesia e actividades relacionadas con ela e temen ao galego.
Este ano tocoulles presentala aos meus compañeiros do ano que estan en Bac. e que a expuxeron no salon de actos...
Habia carteles e pancartas con fotos relacionadas con poemas, e logo tamen habia xogos para entreter e o premio en alguns deles eran poemas noutros gominolas etc... Estiven en case todos os xogos por falta de tempo pero eran moi entretidos... Habia alguns videos, outros con unha consola, con imaxes para pegar e relacionar e tamen con dardos e globos...
Espero que se siga realizando todos os anos...

martes, 13 de mayo de 2008

Historia:

Ia onte o fillo de Ambrosio pola estrada co seu catro latas polo atallo para chegar a casa sen que o viran os do control de velocidade e non perda puntos por como vai...
Ia tan tranquilo conducindo cando mirou o chan e viu algo que brillaba, agachouse para mirar e tan só era unha moeda de 5céntimos... Cando levantou a cabeza outra vez viu un unicornio que estaba na beira da estrada comendo algo. O home non deu crédito asi que decidiu parar o coche e durmir a mona ata o outro dia que recuperara da chea...

martes, 22 de abril de 2008

Monólogo interior:

Para o próximo fin de semana virá comer o meu fillo e terei que pensar que comida vou facer, probablemente virá coa súa rapaza que atopou na universidade...
Maña vou ao mercado a comprar as legumes e terei que comparar prezos... Cando chegue do mercado terei que consultar contos invitados imos ter porque ten que ser perfecto para a primeira vez nos presente a rapariga..
Tamén ai que poñer a mesa e sacar a vaixela nova, Vai ser moito traballo pero pagara a pena...

martes, 25 de marzo de 2008

Segunda Avaliación:

Esta avaliación foi a mais curta deste curso porque a semana santa caeu moi pronto e acortouse moito este período. Isto afectou negativamente a os estudos porque ao ter tan pouco tempo pois os exames certaron todos xuntos e non habia moito tempo para estudar tantas mateias, a causa diso algúns profesores/as non nos fixeron examen e buscamos entre todos alumnos da clase outras propostas para evitar o exame e expoñerllas ao profesor... Nesta clase de TEE fixemos a elaboración dun cómic que xa está exposto abaixo, e con isto mais outras puntuacións da profesora foron a nota que levamos na avaliación.
Polo xeral non tiven moita queixa das notas que tiven porque foi o que fixen durante a 2ª avaliación...
Meus pais non se enfadaron moito polas notas e anímanme a ver se para a 3ª avaliación aprobo esas que me quedaron... Eu creo que meus pais xa se estan a afacer a que deixe unhas cantas, e por iso non me dicen nada pero bueno...
En Semana Santa pasino ben e disfrutei das vacacións e agora non hai ganas de volver a clase....

miércoles, 12 de marzo de 2008

A espada escálibor:

Escalibor É a espada do rei Arturo. Foi entregada ás augas por Giflete, por mandato do mesmo Arturo que estaba mortalmente ferido polo seu fillo Mordret. Unha man xorde das augas, empuña a espada antes de levarlla consigo ao fondo do lago. Para algúns é a espada que sacou da pedra, pero, para outros é a espada que lle dió unha man xurdida dun lago por mediación de Merlín coa condición de que lla devolvese cando lle chegase a hora de morrer. Orixinariamente acompáñase dun tahalí máxico que preserva a quen o posúe de sufrir ferida algunha. A fama da espada viuse excedida pola súa suposta historicidade, posto que os reis de Inglaterra dicían que a tiñan, facendo ostentación dela como herdanza do propio Arturo.

jueves, 21 de febrero de 2008

O cómic:

Estes ultimos dias na clase deTEE estivemos traballando na realización dun cómic e agora tocame explicar os pasos a seguir e todo: No meu grupo estivemos Ainhoa, Ismael, Estefania e mais Eu... Levounos bastante tempo facelo xa que de todos os compañeiros a maioria das veces só estivemos 3 polo que recaeu en nos mais traballo e a elaboracion do comic non foi moi agradable. O que primeiro fixemos foi buscar en internet algunhas maneiras de facaer comics e algunhas imaxes tamén, logo de facer iso e telo todo listo imprimiunos Susana (a profe) o noso comic. Despois cortamos as viñetas e ordenamolas para pegalas xa na cartulina e poñerlle o diálogo a todas. E xa, por ultimocoloreamos as viñetas e entegamos todo cos nomes e todo o proceso que fixeramos. O noso comic trata de unha rapaza chamada Lucia que está estudando na universidade de dereito, un dia descobre que os habitantes da cidade están infectados por un virus misterioso que está matando á xente. Lucia atópase con Arturo, un vello coñecido dela que tamén e un asasino. Lucia pidelle axuda a el para capturar un zombie e asi comezar a investigar sobre o que lle estápasando a xente e asi acamban os dous no laboratorio investigando...