Heart Conquest

miércoles, 21 de noviembre de 2007

Quérote:

Ola de novo,
Ben, onte, dia 20 de novembro do 2007, viñeron ao instituto unha sociedade a darnos unha charla de sexualidade aos cursos de 4º da E.S.O. A charla ocupou, no meu caso a segunda e terceira hora da mañán porque noutra clase ocupou as dúas ultimas...
A rapaza falou de moitos temas, como o de relacións en parella, idade para ter "sexualidade" (dende que se nace ata que se morre). Tamén nos explicou un pouco das ETS e os problemas que tería cada unha. Tamén nos falou dos métodos anticonceptivos e dos problemas que podían presentar á hora de usalos...
En xeral estivo moi interesante e sobre todo entretida....